Friday 10 de May de 2024

Premiados os mellores xardíns do municipio durante o acto de recepción ás raíñas da flor de Riveira no Consistorio Local


Como vén sendo tradicional, o día despois das Festas de Verán de Riveira acolleu o acto de recepción no Consistorio Local ás raíñas da flor que foron coroadas onte ademais de protagonizar un desfile de carrozas polas rúas da cidade.

Foi o alcalde Manuel Ruiz quen recibiu a estas pequenas, nun evento que serviu tamén para agasallar os mellores xardíns das nove parroquias do municipio.

Neste último senso, os responsables dos mellores xardíns foron Mª Carmen Álvarez Fernández (Riveira), Nuca Vidal Romay (Aguiño), Manola Casais Pena (Artes), Marcial Dasilva Estévez (Carreira), Manola Vidal Pérez (Palmeira), Mª Teresa Lijó Callón (Castiñeiras), Pacucha Blanco González (Olveira) e Jesús Paz Iglesias (Corrubedo).

Finalmente, como todos os anos as dezasete raíñas da flor e os xardineiros e damas da flor recibiron paquetes de lambetadas nun acontecemento que tamén contou coa intervención da presidenta da Asociación de Amas de Casa, Magdalena Bringas, e da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Pereira.

RELACIÓN DE RAÍÑAS DA FLOR 2015:

RIVEIRA
XUVENIL: NOEMÍ JIMÉNEZ
INFANTIL: CARMEN FERNÁNDEZ PÉREZ

AGUIÑO
XUVENIL: NATALIA MARIÑO GONZÁLEZ
INFANTIL: PAULA CRUJEIRAS SAMPEDRO

ARTES
XUVENIL: JANET MARIÑO DELGADO
INFANTIL: MARÍA PARADA ROQUE

CARREIRA
XUVENIL: CRISTINA REGUERIA HERMO
INFANTIL: LAURA CASTRO SAÍÑAS

CASTIÑEIRAS
XUVENIL: ELAIA MARIÑO CALLÓN
INFANTIL: MARTA PÉREZ GONZÁLEZ

OLEIROS
XUVENIL: LAURA SANTAMARÍA BLANCO
INFANTIL: MARTINA PÉREZ FERNÁNDEZ

CORRUBEDO
XUVENIL: IRENE MANEIRO DELGADO
INFANTIL: VERÓNICA SOBRIDO QUINTELA

OLVEIRA
INFANTIL. NURIA LAMPÓN PÉREZ

PALMEIRA
XUVENIL: VENSA LIJÓ AGRELO
INFANTIL: SARA FRANCO MARIÑO